DÍA MUNDIAL DA RADIO 2026
Radio Rosiña... celebra o Entroido!
Entrevista a Pedro, "Peliqueiro de Laza"
Hoxe en Radio Rosiña tivemos a sorte de poder contar coa visita de Pedro, Peliqueiro de Laza. Explicounos en que consiste o entroido de Laza e o traxe de peliqueiro. Despois dunha xornada magnífica, o alumnado de infantil e do 1º Ciclo, fixéronlle dúas entrevistas na radio escolar, sendo todo unha gran experiencia!
Este bon traballo viuse recompensado coa publicación no portal principal de "Escola nas ondas", de " Ponte nas... Ondas!", punto de encontro para o audiovisual nas escolas de Galicia e Portugal e os países da área galego-portuguesa.
Así pois, deixámosvos fotografías do momento así como os enlaces que, clicando nas imaxes, vos levan tanto ao portal de Escola nas Ondas así como á entrada ás nosas entrevistas realizadas.
Longa vida ao Entroido e a Radio Rosiña!

Comentarios
Publicar un comentario