Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2026

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2026

Imagen
Radio Rosiña... celebra o Entroido! Entrevista a Pedro, "Peliqueiro de Laza" Hoxe en Radio Rosiña tivemos a sorte de poder contar coa visita de Pedro, Peliqueiro de Laza. Explicounos en que consiste o entroido de Laza e o traxe de peliqueiro. Despois dunha xornada magnífica, o alumnado de infantil e do 1º Ciclo, fixéronlle dúas entrevistas na radio escolar, sendo todo unha gran experiencia! Este bon traballo viuse recompensado coa publicación no portal principal de "Escola nas ondas", de "     Ponte nas... Ondas!",  punto de encontro para o audiovisual nas escolas de Galicia e Portugal e os países da área galego-portuguesa. Así pois, deixámosvos fotografías do momento así como os enlaces que, clicando nas imaxes, vos levan tanto ao portal de Escola nas Ondas así como á entrada ás nosas entrevistas realizadas. Longa vida ao Entroido e a Radio Rosiña!

Os "nosos" paxariños musicais

Imagen
 Bibopalula - Serie musical infantil en galego Boas! Para dar inicio a este novo blogue que falará sobre cuestións de educación musical en relación ao que acontece dentro do CEIP Víctor Sáenz comezaremos recomendando unha serie musical infantil galega chamada Bibopalula do Xabarín. Esta serie leva acompañándonos ao longo de todo o curso nas aulas de infantil ofrecéndonos así unha rutina de volta á calma e un contido musical moi amplo.  Esta serie ten por protagonistas uns paxariños autóctonos de Galicia que deciden montar unha banda de música. Así pois, ao longo de numerosos capítulos fálannos sobre diferentes situacións e fenómenos do noso día a día rematando sempre cunha breve canción. Desta forma, deixo dispoñible neste blogue o enlace para que as familias que queiran teñan á súa disposición a serie nas súas casas de forma totalmente gratuíta.